miércoles, 10 de abril de 2013

La sonrisa etrusca. Jose Luis Sampedro


Esta pasada fin de semana, finou José Luis Sampedro. Sen dubida unha persoa cun carácter e unha vitalidade sen igual. Este mestre de económicas, gran humanista e   membro da RAE dende o ano 91, escribiu varias obras, pero a  que lle dou relevancia foi  "La sonrisa etrusca", que eu lin fai xa moitos anos, pero que quero hoxe recordar o fío do seu pasamento, en humilde homenaxe a un home que nos últimos meses había cobrado unha relevancia especial, como referente do movemento 15M e das posturas do sentido común fronte a ese capitalismo salvaxe que nos esta levando a escravitude, Incluso escribiu o prologo a esa pequena obra chamada "Indignaos!" do tamen recentemente falecido Stephane Hassel, obra que tamen vos recomendo, e que foi xerme do 15M e dos movementos sociais  que se estan dando por todo o mundo....E un libro sinxelo dende calquera punto de vista, mesmo no seu plantexamento: conta unhas semanas na vida dun home maior e enfermo, falando da súa relación co seu neto, o que adora, co seu fillo e a súa difícil nora, cos que comparte vivenda, cun amor de ancian, cos seus recordos de xuventude, e con esas teimas de vellos, como a de vivir mais tempo que o seu eterno rival.Según van pasando as paxinas da obra, imos descubrindo que moito do pensamento do autor quedou plasmado nel, é que ese vitalismo do que fixo gala dende sempre un home que combateu na guerra en ambos bandos e tivo que ver cousas horribles, se transmite as súas personaxes dunha maneira fantástica, dándolle unha humanidade que é o que realmente fai funcionar o libro.