miércoles, 10 de abril de 2013

La sonrisa etrusca. Jose Luis Sampedro


Esta pasada fin de semana, finou José Luis Sampedro. Sen dubida unha persoa cun carácter e unha vitalidade sen igual. Este mestre de económicas, gran humanista e   membro da RAE dende o ano 91, escribiu varias obras, pero a  que lle dou relevancia foi  "La sonrisa etrusca", que eu lin fai xa moitos anos, pero que quero hoxe recordar o fío do seu pasamento, en humilde homenaxe a un home que nos últimos meses había cobrado unha relevancia especial, como referente do movemento 15M e das posturas do sentido común fronte a ese capitalismo salvaxe que nos esta levando a escravitude, Incluso escribiu o prologo a esa pequena obra chamada "Indignaos!" do tamen recentemente falecido Stephane Hassel, obra que tamen vos recomendo, e que foi xerme do 15M e dos movementos sociais  que se estan dando por todo o mundo....E un libro sinxelo dende calquera punto de vista, mesmo no seu plantexamento: conta unhas semanas na vida dun home maior e enfermo, falando da súa relación co seu neto, o que adora, co seu fillo e a súa difícil nora, cos que comparte vivenda, cun amor de ancian, cos seus recordos de xuventude, e con esas teimas de vellos, como a de vivir mais tempo que o seu eterno rival.Según van pasando as paxinas da obra, imos descubrindo que moito do pensamento do autor quedou plasmado nel, é que ese vitalismo do que fixo gala dende sempre un home que combateu na guerra en ambos bandos e tivo que ver cousas horribles, se transmite as súas personaxes dunha maneira fantástica, dándolle unha humanidade que é o que realmente fai funcionar o libro.



martes, 12 de febrero de 2013

“Ollos de Auga” e “A praia dos afogados “, de Domingo Villar.




 
   Domingo Villar é un escritor moi moi interesante. A min encántame.  Crea unhas personaxes inesquecibles, cun  inspector de policía (e consultor radiofónico as horas), perfectamente construído, tan real e humano que é impensable que non exista, o mesmo que o seu axudante,  que o non ser galego da o contrapunto perfecto o inspector e a unha obra que doutro xeito pecaría de ser demasiado galega, e perdería moito mercado entre os non iniciados na nosa retranca e maneira de ser galega.

jueves, 3 de enero de 2013

"El nombre del viento" e "El temor de un hombre sabio", de Patrick Rothfuss.



     Hoxe vouvos a falar de dous libros, que forman parte da triloxía que leva o nome de “Crónica del asesino de reyes”. As dúas partes publicadas desta triloxía son “El nombre de viento” e “El temor de un hombre sabio” .

   E son dúas OBRAS DE ARTE. En maiúsculas.

   O xénero no que se 
encadran os libros é o