lunes, 17 de diciembre de 2012

Os fillos do mar, de Pedro Feijoo


Penso que a literatura galega esta dando mostras dunha calidade de altura, a pesares de que as editoriais galegas vistos os prezos dos libros  pensen como o PP que os galegos somos ricos, e que pouco a pouco vai abandonando temas que por repetitivos xa se facían cansinos, polo menos para min.
  Os fillos do mar e unha novela que pasa das catrocentas paxinas. Pero son catrocentas paxinas de lectura moi áxil, que combina doses de humor, intriga, historia e aventuras  a partes iguais e con acerto.  A historia, contada en primeira persoa, e ambientada en Vigo e na súa ría, enlaza presente e varios puntos históricos do pasado o fío dunha herdanza misteriosa que se volve aventura, e vai xirando pouco a pouco, paxina a paxina,tomando diferentes formas ata os parrafos finais. Polas paxinas desta obra desfilan personaxes de toda casta, dende o protagonista, que de tan torpe e patético resulta encantador, ata personaxes totalmente extravagantes, capitáns da mariña, anticuarios con misterioso pasado ou mesmo narcos dos de toda a vida.

  Se  este nadal estades pensando en regalar un libro, con este acertaredes seguro, pois é unha obra redonda, que entra tanto no xénero histórico ou de aventuras, como no policíaco, incluso conten algunha historia de amor (unha seravos evidente dende as primeiras paxinas, pero hai máis, e moito máis fermosas).

   E non perdades de vista a Pedro Feijoo, un escritor que, o igual que Domingo Villar, estou seguro de que van   dar moito do que falar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario