Hoxe vouvos a falar de dous libros, que
forman parte da triloxía que leva o nome de “Crónica
del asesino de reyes”. As dúas partes publicadas desta triloxía son “El nombre de viento” e “El temor de un hombre sabio” .
E son dúas OBRAS DE ARTE. En maiúsculas.
O xénero no que se
encadran os libros é o
da fantasía. Pero se alguén se espera aneis máxicos, trols, ou incluso a un primo de Harry Potter, ou a violencia humana e sanguenta da Canción de Hielo y Fuego (outra obra de arte), o leva claro. O mundo que nos presenta está máis preto da realidade, enriquecido ou seu tempo con outras realidades paralelas como orixe dos seres fantásticos que poboan a obra. E unha historia moito máis realista, adulta, escura e, especialmente, poética que a maioría das obras deste xénero.. Ademais, non se queda nun formato estándar, pois é unha historia de amor, unha historia iniciática (con universidade, pero nada parecido a Hogwarts, e tamen coa sua viaxe a países lonxanos) unha historia de maxia e bruxería, …. A verdade é que escapa dos clichés cunha habilidade que xa querería para el Cristopher Paolini (autor de Eragon e das tres partes que o seguiron, onde tanto se empeñou en non parecerse o Señor dos Aneis que era de onde bebía a súa inspiración, que cara a metade da obra da a impresión de que non sabia nin o que estaba a escribir).

Dixen antes especialmente poética porque a
alma da obra, e un dos eixos sobre os que xira, é a musica. O autor é poeta, e
o protagonista, entre outras moitas cousas, é musico. E a propia musica ten un
peso especifico moi importante na obra. Creo que os músicos van entender toda a
historia doutro xeito.
O outro eixo o redor do cal xira a historia e
a vida do protagonista, unha personaxe que de principio aparécenos oculto nalgún
lugar perdido, vivindo como un simple taberneiro, nun momento histórico que se
nos insinúa escuro. A partir dese punto é o propio protagonista o que nos conta
a súa historia, dende a súa nenez como membro dunha troupe itinerante, onde
ocorre algo que marca todo o resto da historia do protagonista, e da novela, arrastrándonos con el irremediablemente grazas
a unha prosa totalmente aditiva. Con estes libros eu sempre digo o mesmo que coa
obra de Terry Pratchet (do que falarei outro dia) : non é o “que” conta o
escritor o que fai a historia tan boa ou
aditiva, é o “como” o conta.
Non quero
contarvos moito do que ocorre (e ocorren moitisimas cousas) para iso teredes que ler a obra, pero o que
vos podo dicir é que de todo o publicado nos últimos anos non creo que haxa moitas obras que
poidan presumir de ser tan aditivas ou de estar tan ben escritas.
O que si vou
facer é deixarvos as liñas da contraportada de “El nombre del viento”, sacadas da propia novela:
«He robado princesas a
reyes agónicos. Incendié la ciudad de Trebon. He pasado la noche con Felurian y
he despertado vivo y cuerdo. Me expulsaron de la Universidad a una edad a la
que a la mayoría todavía no los dejan entrar. He recorrido de noche caminos de
los que otros no se atreven a hablar ni siquiera de día. He hablado con dioses,
he amado a mujeres y escrito canciones que hacen llorar a los bardos.
Me llamo Kvothe. Quizás hayas oído hablar de mi.»
Non me digades
que non dan ganas de léelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario