viernes, 14 de diciembre de 2012

O Señor dos Aneis. J.R.R.Tolkien



A miña primeira referencia por obriga moral tiña que ser a “O señor dos aneis”,libro capital na miña vida e o meu entender unha das mellores, se non a mellor, obras literarias escritas ata o 
momento. Extendereime mais do que penso facer co resto e obras, pero e que esta é unha historia de amor.

  Moit@s de vos veriades as películas (hoxe mesmo, 14/12/2012, estrease no cine a precuela, “O Hobbit”) . Para os que mirachedes as películas logo de haber lido os libros non teño nada que dicir. Para os que mirachedes as películas sen haber lido os libros solo
teño unha frase : o meu mais profundo pésame. As películas son moi boas, e mereceron todos os premios que levaron sen dubida, pero non teñen comparación coa novela. E quen ve as películas sen ler os libros, perdese a maxia de descubrir unha obra sen saber de que vai, ou como remata, ou que lle pasara a estas personaxes, ou a aquelas …

  Se queda algún pai por aí que queira facerlle un bo regalo a algún fillo ou filla que non haxa visto as películas nin lido os libros: non lles deixedes ver as películas. Prohibídello ata que lean os libros. E  regaládelle os libros, que en edición de peto son ben baratos. Ademais hai unha edición en Galego fantastica.

   Para o resto de seres human@s que non teñades visto as películas, que seredes poucos, que non lerades a novela, que seredes moitos mais, falemos da obra, empezando por como a coñecín eu, e como nos namoramos.

  A primeira vez que eu lin algo do Señor dos Aneis, foi en sétimo de E.X.B. (mirade se choveu). Non foi moito. No libro de Galego que tiñamos, a última paxina de cada tema dedicábase a mostrar anacos de obras non galegas pero importantes. Pois un deses anacos de obras consistiu en  trinta liñas do Señor dos Aneis. Recordareino toda a vida. Era un anaco da pasaxe onde Legolas, Gimli e Aragorn se internan no bosque de Fangorn. Trinta liñas, pero foi como ver un tráiler dunha película, quedei totalmente enganchado. Mala sorte, porque como na casa eramos máis ben humildes, eu non podía chegar a casa e dicirlle a miña nai: “cómprame este libro, que me gustaría moito léelo”. Pero o titulo  e as ganas de ler ese libro, de coñecer a súa historia, quedaronme  gravadas a lume na memoria. Solo quen haxa tido esa sensación de necesidade de coñecer cun libro, cunha película, cunha canción ou cunha persoa, pode entender isto.
  Anos despois, a un mestre de literatura do Instituto Asorey, onde eu estudaba, ocorréuselle gastar fondos en encher a biblioteca de libros que resultaran atractivos os estudantes que había alí. No medio desas novidades incluíase, en edición de peto, os tres volumes (coas portadas de John Howe que colguei aquí que me parecen marabillosas e incriblemente suxestivas) da obra de Tolkien. Faltoume tempo para collelos e absorbéronme por completo. E dende aquela seguimos namorados. Anos despois comprei a edición de Circulo de Lectores, con aquel papel fino e aquela letra tan pequena , e anos mais tarde un bo amigo regaloume unha copia da edición de Minotauro, dun so volume, tamén ilustrado por Jhon Howe (outra obra de arte).

A obra en si, que é do que  quería falar a pesares de todo este conto, é unha obra chea de mensaxes universais, como o valor da amizade, a loita do ben contra o mal, a corrupción do poder….

Contar a historia seria ridículo. Solo vos farei un resumo moi simple: Hai un anel (simplemente máxico o principio…o final moito mais que iso), que é o eixo de toda a historia, pois hai un poder maligno que o necesita recuperar, e hai unha personaxe, o hobbit frodo Bulseiro (en castelán Frodo Bolson), o antiheroe por excelencia, que sen querer se ve fuxindo da su acomodada e sinxela  vida e metido na misión de evitar que ese poder consiga o seu obxectivo, e acaba contra todo prognostico por ter que encamiñarse ao peor lugar do mundo, a guarida do propio mal, coa misión de destruír ese anel. O libro, a pesares das criticas recibidas no seu dia, mantén unha tensión crecente, que pasa do ton sinxelo das primeiras paxinas o epico dos últinos capitulos. Pero sobre todo, o que mais destaca na obra, o meu parecer, é a morriña. Unha morriña que esta en toda a obra, no desexo das personaxes de volver ver  lugares lonxanos, de volver o fogar, ou de retornar do exilio, nas cancións do elfos, na tristeza dos reis, que teñen morriña de tempos e glorias pasados, no canto das gaivotas que traen a morriña do mar …

 E unha obra longa, con moitas personaxes, cada unha coa súa historia, a sua propia viaxe e a súa propia busca, que se mesturan dividindo a historia, de tal xeito que os capítulos van pasando dun escenario a outro deixándonos sempre coa necesidade de saber como remata o que esta sucedendo no outro lado. A única obra que eu coñezo capaz de conseguir  o mesmo efecto dunha maneira tan desacougante e aditiva para o lector, e a “Canción de Xeo e Lume” de H.R.R. Martin. E poucos autores puideron ou poderán conseguir  o  mesmo nivel de tensión e intriga que Tolkien consigueu crear na parte onde Frodo  por fin se enfronta o seu destino, e o destino do mundo.   
  En resumo, unha obra fantastica en todos os sentidos. 
  




No hay comentarios:

Publicar un comentario