domingo, 16 de diciembre de 2012

El Pasaje, de Justin Cronin

   Este libro, primeiro dunha triloxía, a min pareceume fascinante.
É unha obra interesante xa no seu plantexamento, cunha mestura  de xéneros  como o terror, o fantástico, e os futuros distopicos, entre outros, cun par de voltas de rosca a algúns mitos literarios  moi intelixentes, e uns cambios de ritmo tales que fan  que cada parte da obra, e cada
capitulo, sexa diferente o anterior e provoque a necesidade de seguir lendo.
   O libro e longo, máis de mil paxinas, e esta dividido en tres partes. A primeira delas, que ocupa mais de trescentas paxinas, case podería pasar por unha obra independente do resto, ou mais ben como extenso prologo, onde se nos conta que ocorre no mundo para chegar a situación postapocaliptica que nos encontramos logo no resto da novela. As outras dúas contan a historia de outros personaxes distintos os da primeira parte, anos mais adiante,  inda que según transcorre a novela as pezas van encaixando dándolle forma o conxunto.  A obra queda enriquecida cunha serie de informes e cartas persoais e retallos de diarios  dalgunhas das personaxes, que dan peso, enriquecen  e axudan a entender a enorme cantidade de cousas que o autor non conta. Un recurso  literario usado outras veces, e cuxo maior expoñente é sen  dubida ningunha  Watchmen, o que posiblemente sexa o mellor cómic publicado ata o dia de hoxe. E dende logo, a aqueles que pensen en ler a última paxina antes de nada (un mal vicio que teñen moitos e moitas lectoras), o meu consello é que non o fagan, porque neste caso final é … bueno,  solo direi que me acordei de todos os familiares do escritor cando o lin. Un final fantastico.

En conxunto, e unha obra intensa, máis apta para ler no sofa unha tarde de choiva que no bus camiño do traballo ou da universidade, con partes que poden resultar lentas, pero que logo según a obra avanza descubrimos que eran totalmente necesarias, pois axúdannos a meternos na situación que viven as personaxes. A historia en si mesma resulta  absorbente, orixinal non tanto no que conta como en como o conta, algo moi de agradecer nestes tempos de clons literarios e de modas calcadas, onde se un libro triúnfa aparecen imitadores ata a saciedade. As personaxes están ben construídas, coa súa propia historia e dose de misterio, e os malvados son incribles, retorcidos na súa concepción e totalmente terroríficos, por moito que nalgún caso poidan chegar a dar pena.

  Non me cabe dúbida de que esta obra será levada o cine, solo agardo que antes moita xente disfrute das súas paxinas. E tampouco estaría mal que o escritor  apurase a publicar as dúas partes que faltan. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario