
antilecturas
Falemos de libros
miércoles, 10 de abril de 2013
La sonrisa etrusca. Jose Luis Sampedro

martes, 12 de febrero de 2013
“Ollos de Auga” e “A praia dos afogados “, de Domingo Villar.

Domingo Villar é un escritor moi moi interesante. A min encántame. Crea unhas personaxes inesquecibles, cun inspector de policía (e consultor radiofónico
as horas), perfectamente construído, tan real e humano que é impensable que non
exista, o mesmo que o seu axudante, que
o non ser galego da o contrapunto perfecto o inspector e a unha obra que doutro
xeito pecaría de ser demasiado galega, e perdería moito mercado entre os non
iniciados na nosa retranca e maneira de ser galega.
jueves, 3 de enero de 2013
"El nombre del viento" e "El temor de un hombre sabio", de Patrick Rothfuss.
Hoxe vouvos a falar de dous libros, que
forman parte da triloxía que leva o nome de “Crónica
del asesino de reyes”. As dúas partes publicadas desta triloxía son “El nombre de viento” e “El temor de un hombre sabio” .
E son dúas OBRAS DE ARTE. En maiúsculas.
O xénero no que se
encadran os libros é o
encadran os libros é o
lunes, 17 de diciembre de 2012
Os fillos do mar, de Pedro Feijoo
Penso que a literatura galega esta dando mostras dunha
calidade de altura, a pesares de que as editoriais galegas vistos os prezos dos
libros pensen como o PP que os galegos somos ricos, e que pouco a pouco
vai abandonando temas que por repetitivos xa se facían cansinos, polo menos
para min.
Os fillos do mar e unha novela que pasa
das catrocentas paxinas. Pero son catrocentas paxinas de lectura moi áxil, que combina
doses de humor, intriga, historia e aventuras a partes iguais e con acerto. A historia, contada en primeira persoa, e
ambientada en Vigo e na súa ría, enlaza presente e varios puntos históricos do
pasado o fío dunha herdanza misteriosa que se volve aventura, e vai xirando
pouco a pouco, paxina a paxina,tomando diferentes formas ata os parrafos finais.
Polas paxinas desta obra desfilan personaxes de toda casta, dende o
protagonista, que de tan torpe e patético resulta encantador, ata personaxes
totalmente extravagantes, capitáns da mariña, anticuarios con misterioso pasado
ou mesmo narcos dos de toda a vida.
Se este nadal estades pensando en regalar un libro, con este acertaredes
seguro, pois é unha obra redonda, que entra tanto no xénero histórico ou de
aventuras, como no policíaco, incluso conten algunha historia de amor (unha
seravos evidente dende as primeiras paxinas, pero hai máis, e moito máis
fermosas).
E non perdades de vista a Pedro Feijoo, un escritor que, o igual que Domingo Villar, estou seguro de que van dar moito do que falar.
domingo, 16 de diciembre de 2012
El Pasaje, de Justin Cronin
Este libro, primeiro dunha triloxía, a min
pareceume fascinante.
É unha obra interesante
xa no seu plantexamento, cunha mestura de xéneros como o terror, o fantástico, e os futuros
distopicos, entre outros, cun par de voltas de rosca a algúns mitos literarios moi intelixentes, e uns cambios de ritmo tales
que fan que cada parte da obra, e cada
viernes, 14 de diciembre de 2012
O Señor dos Aneis. J.R.R.Tolkien
Suscribirse a:
Entradas (Atom)